• CURSO 2019-20,  O misterio das pegadas

    O misterio das pegadas

    Esta unidade traballa o medio natural e social e, para iso, os nenos e nenas deberán embarcarse nunha misión que lles permitirá ser asistentes de cazamisterios e vivir unha aventura no colexio.

    É unha misión de resolución. Deben resolvela a través da dedución. Son tres desafíos e cada un e independiente dos demáis.

    Traballaremos o colexio, o corpo, os animais e as plantas.

    Os nen@s irán coñecendo e controlando cada vez máis o seu propio corpo: diferenciarán o seu sexo, mellorarán os seus desprazamentos e realizarán actividades de carácter lúdico con cancións, xogos con toda a clase ou en grupos pequenos, fomentando o compañeirismo, a amizade e a identificación co grupo.

    • Para aprender as partes do corpo podemos ir nomeándoas co neno durante o baño ou cando poña a roupa: con xampú lavamos a cabeza; pomos zapatos nos pés…
    • É importante fomentar a autonomía no aseo. Hai cousas que o neno xa pode facer só, coa supervisión do adulto, como lavar as mans antes de comer ou lavar a cara pola mañá. Fomentar a autonomía no vestido (vestir/desvestir, abotoar/desabotoar).
    • Fomentar hábitos de orde e condutas de axuda e colaboración na casa: aprender a recoller a súa roupa, colocándoa no seu lugar, recoller os xoguetes…
    • Favorecer a súa responsabilidade e respecto cara a outros seres vivos: dar aos animais domésticos os coidados que precisan (pórlle un nome, comida, baño, paseo) e axudar a coidar as plantas da casa.
    • Conversar sobre os animais domésticos: relacións có home, tipo de alimentación, crías, coidados que precisan,… e as características dos animais salvaxes.

    Outros contidos: