-
Traballos no confinamento II
Adxunto un vídeo con algunhas fotiños que me achegastedes estos días.
Unha vez máis, grazas por compartir.
-
Eu quedo na casa.
Este vídeo fíxeno coas fotos que compartistedes dos traballos que fan na casa os nenos e nenas.
E unha maneira de que se vexan uns a outros.
-
O Coronabicho
O Coronabicho é un conto escrito por unha profesora de Infantil, Nieves Alonso.
Os nenos e nenas de esta idade encántanlles os contos de animais. Esta historia desenvolvese nun bosque, a onde chega un ser misterioso: un coronabicho!
Preguntas de comprensión:
- Onde vivían os animais?
- E quen chegou ao bosque?
- Que lles facía ós animais?
- Estaban tristes ou contentos?
- E, o caracol e a tartaruga cambiaban de cor?
- Que fixeron os animais cando se deron conta de que si estaban na casa non lles tocaba o coronabicho?
Nos o mesmo que os animais do bosque, imos quedar na casa unhos días, vale?
Agora estou pensando… Como será o coronavirus?. Pensa que tamaño, forma, color… terá o coronavirus. Debuxa, e mandame a túa foto
-
Unha planta
A primavera é a estación do ano idónea para cultivar a terra: sementar os hortos ou plantas no xardín.
Hoxe imos plantar unha planta. Para iso necesitamos:
2fabas
3 lentellas
algodón
un bote (preferible de vidro)
Auga
Só hai que mollar o algodón e metelo no bote coas sementes.
Os nenos e nenas observaran o crecemento das plantas, as súas necesidades básicas e as súas partes principais.
As fotos que adxunto son da planta de Amaia.
Fixadevos que tiestos máis lindos fixeron Sofía e Claudia. Así as plantas aínda lucen máis lindas.
-
Viaxe ao bosque encantado
Para que nenos, nenas e familia gozen, aprendan e compartan un momento de relaxación. YOGIC é Ioga para nenos e nenas.
Usando a imaxinación, cóntannos historias, cántannos e así, aprendemos Ioga xogando. Dunha forma moi entretenida e educativa para nenos e nenas. Seguindo a historia, relaxanse, expresanse e realizan exercicio.
-
Galletas
Para xogar ao bingo en familia, sempre e bó acompañalo con un picoteo, e nada mellor que unhas galletas feitas por nós.
Fixadevos nas que fixeron Irene e Amaia.
Pois agora todos a cociña!
Aquí deixo unha receita moi sinxela que EduClan colgou na súa páxina web:
-
Bingo da primavera
Un bó recurso para gozar en familia, son os xogos de mesa. Ademáis se o fan os nenos e nenas, vailles facer máis ilusión.
Imos xogar ao bingo!.
Adxunto cartóns e fichas do bingo da primavera.
Así que a recortar e gozar en familia!
Imaxes do blog “esos locos bajitos de infantil”.
-
“Llegó la primavera”
Canción da primavera con pictogramas:
-
Un colar de cores
Materiais:
Uns pinchos
Unha esponxa ou plastilina para suxeitar os pinchos verticalmente.
Macarróns
Temperas
Un cordón
Colocamos os pinchos verticalmente, insertamos os macarróns e empezamos a pintar (cada pincho dunha cor).
Deixamos secar, e xa podemos facer o noso colar insertando os macarróns no cordón.
Seguro que nos vai quedar tan bonito como o que fixo o noso compañeiro Mateo.
-
Orientación espacial
O gato Chester axudanos a repasar, dunha forma divertida, os conceptos espaciais: dentro, diante, ao lado, debaixo, encima, entre.
Video de Smile and Learn