-
Coidamos as plantas
Coas pequenas cousas do noso día, obtemos grandes aprendizaxes.
Que aprendeu Irene?
- A primavera é a estación na que coidamos “especialmente” as plantas da nosa casa ou xardín: quitarlles as herbas, as follas secas, trasplantalas, cambiarlles a terra,…
- Repasou e observou as partes da planta.
- Axudar na casa, tamén pode ser divertido.
-
O crecemento da leituga
Na primavera é a estación na que traballamos o horto. Plantamos cenorias, pementos, tomates… e leitugas.
Claudia e Sofía achegáronnos estas fotos do crecemento das leitugas.
Empezamos facendo un semilleiro, e observamos como os poucos días empeza a nacer. Cando as leitugas teñen uns 10 cm. hai que trasplantalas no horto. Con auga e a luz do sol, as dúas semanas imos poder facer unha ensalada ecolóxica.
-
A primavera de Vivaldi
Neste vídeo de Musicoeduca podemos gozar escoitando a Primavera de Vivaldi, unha das obras máis coñecidas deste compositor.
A música clásica axuda aos nenos e nenas a desenvolver a súa creatividade, imaxinación e a sensibilización; ademáis de axudarlle a relaxarse.
-
Manualidade: Bolboreta
Facemos unha bolboreta
Materiais.-
- Un tubo de papel hixienico
- Cartulina ou goma eva
- podemos decorar con pinturas, pegatinas, outros papeis, purpurina…
-
A viaxe das bolboretas
Adaptación do conto “El viaje de las mariposas” de Paula Carbonell.
Don Verme propuxerase percorrer os cinco metros que separaban o naranxeiro do limoneiro.
De camiño, unha formiga, unha xoaniña, un grilo, unha cadela de frade e unha pulga deciden acompañalo. Pero ao chegar o seu destino, Don Verme seguiu solo.
Un conto que reflicte o cambio dun estado a outro, a aparición de compañeiros no camiño, de inimigos e de conflitos que só se poden superar a través da solidariedade e, finalmente, o amor.
-
Os insectos
Aprendemos o nome dalgún insecto:
-
A marcha das formigas
Nesta canción, cantamos, marchamos como as formigas e aprendemos a serie numérica ata 10.
Preparados para a marcha?
Empezamos:
Agora, fixámonos neste vídeo cómo temos que facer para debuxar unha formiga.
-
Unha planta
A primavera é a estación do ano idónea para cultivar a terra: sementar os hortos ou plantas no xardín.
Hoxe imos plantar unha planta. Para iso necesitamos:
2fabas
3 lentellas
algodón
un bote (preferible de vidro)
Auga
Só hai que mollar o algodón e metelo no bote coas sementes.
Os nenos e nenas observaran o crecemento das plantas, as súas necesidades básicas e as súas partes principais.
As fotos que adxunto son da planta de Amaia.
Fixadevos que tiestos máis lindos fixeron Sofía e Claudia. Así as plantas aínda lucen máis lindas.
-
Bingo da primavera
Un bó recurso para gozar en familia, son os xogos de mesa. Ademáis se o fan os nenos e nenas, vailles facer máis ilusión.
Imos xogar ao bingo!.
Adxunto cartóns e fichas do bingo da primavera.
Así que a recortar e gozar en familia!
Imaxes do blog “esos locos bajitos de infantil”.
-
“Llegó la primavera”
Canción da primavera con pictogramas: