-
Entroido 2021
O entroido é disfrazarse, festa, moita diversión e sobretodo pasalo ben.
Grazas familias pola vosa colaboración ao longo desta semana.
-
Xoves de entroido
O xoves pola mañá,
o teu corpo pode presumir
cun mandil moi bonito
se te queres divertir.
E con limpiapipas fixemos unhas gafas chulísimas!
-
Mércores de entroido
O mércores pola mañá,
ao colexio has de vir
cunha roupa do revés
se te queres lucir.
A aquí deixo unha canción que hai que ir ensaiando para o venres.-
“Llegó el carnaval” de Luli Pampín
-
O entroido
-
O entroido
O entroido é unha das festas máis importantes do calendario galego. Celébrase en toda Europa dende épocas descoñecidas. Non se sabe con certeza a súa orixe, pero sí sabemos que é, a indicación da fin do inverno e o comezo da primavera.
En Galicia ten moita tradición e moitos nomes: Entroido, Antroido, Intruido, Entruido, Entrudo e Entroiro. Todos teñen a súa orixe no termo latino “Introitum” (que significa “a entrada á Coresma”). Entroido significa, a volta ó mundo do revés, a subversión, a ruptura das convencións sociais e o cambio de roles.
As interpretacións do Entroido remóntanse ás festas romanas con intereses agrícolas e gandeiros. Outros falan dunha orixe grega na honra a Dionisios, deus do viño e a inspiración. O entroido represéntase cun boneco feito de palla, vestido con roupa de traballo e cara de trapo. Cólgase dun sitio alto que domine dalgunha forma a zona de reunión dos veciños. Esta celebración estivo prohibida na época franquista.
O Entroido é unha época de festa e moita diversión no que o máis importante é disfrazarse e pasalo ben.
Hoxe empezamos a celebralo coa poesía de don Entroido:
Eu son don Carnal
o rei do entroido
e esta semana
vouvos ordenar:
O luns pola mañá,
ao cole debes vir
cun calcetín de cada cor
verás como te vas sentir.
E coloreamos a don Entroido:
-
Unha de marcianos!
Hoxe celebramos o entroido no colexio. Pero, ao longo da semana fixemos distintas actividades, unha delas o antifaz que lles quedou chulísimo.
Foi unha maña moi festiva, onde non podía faltar a música do carnaval e unha merenda moi doce con orellas, roscas, filloas e bizcoito que trouxeron os nen@s da casa. Riquísimo!
Este ano a película Toy Story está de aniversario, 25 anos!, foi a primeira longametraxe de Pixar, ademáis da primeira cinta animada completamente con efectos dixitais na historia do cine. Así que no Centro fixémoslle esta pequena homenaxe, disfrazámonos dos personaxes da película: Sheriff Woody (5º e 6º de primaria), Buzz Lightyear (3º e 4º de primaria), Mrs. Potato (1º e 2º de primaria), Marcianos (alumnado de infantil), Rex (Marisé), Slinky (Carmen e María) e os nen@s (resto de profesorado).
Solo poñer os guantes levounos 45 minutos, e que o disfraz chegue enteiro o desfile é todo un reto!, pero o esforzo mereceu a pena.
Por fín chegou o momento do desfile!
Estábamos nerviosos esperando para saír e ver as nosas familias.
Grazas familias pola vosa colaboración!.
Feliz entroido!