-
Carteiro real
Ola familias!.
O 22 de decembro veo o Carteiro Real ao colexio, nesta ocasión non poido estar presencial porque ten que visitar tantos e tantos colexios que ten que coidar da súa saúde e da de todos nosoutros. Así que nos deixou este video do momento que recolle as cartas, que deixamos aos Reies Magos, na nosa aula.
E logo gozamos coa merenda que nos deixou:
-
Panxoliña “Burrito sabanero”
Traballaron moito para poder felicitarnos as festas con esta panxoliña: fixeron a coroa coa árbore de Nadal e a marioneta do burriño sabanero.
Aproveito a ocasión para desexar a todos un Bo Nadal e un vindeiro 2021 con saúde, esperanza e paz.
-
Nadal
Estos ultimos días estivemos traballando moito para ambientar a aula o mellor posible para o Nadal, e festexar así o Nacemento de Xesús.
Este curso non poidemos facer o Nacemento coas figuriñas por culpa do Covid. O final fixemolo en forma de mural. Quedou moi lindo.
Como aprendemos a historia do Nadal? xogando e escenificando. Mirade que simpáticos:
A Virxe María coidaba con moito cariño do seu fillo o Neno Xesús, verdade?.
Todos os que participaron estiveron fantásticos, implicados na escenificación. E os demáis observando atentamente e respectando os compañeiros.
-
Lucas
Onte celebramos a despedida de Lucas.
Xogamos, cantamos, bailamos e fixemos uns debuxos preciosos.
Gozamos dunha xornada festiva para despedir a un compañeiro e amigo.
-
O inverno
Estamos traballando o inverno. Contidos:
- Temperatura
- Noites longas, días curtos.
- Paisaxe.
- Animales en inverno.
- Algún deporte de inverno.
Videos que nos axudan.-
“Llegó el invierno – El invierno de Vivaldi” de Musicaeduca:
“Invierno” de Cantajuego:
-
Somos inuits
Neste video podese ver a manualidade que fixemos para traballar a vida dos inuits.
Verdade que quedou chulísima?
-
Constitución española
Cada 6 de decembro, celebramos en España o día da Constitución. O venres celebramolo no colexio.
Cada alumno coloreou o libro da Constitución e a bandeira de España. Despois entre todos fixemos un mural para traballar os dereitos e deberes de todos/as os españoles.
-
Día internacional das persoas con discapacidade
O 3 novembro celebrase o día internacional das persoas con discapacidade.
Visualizamos e comentamos o corto de “Cuerdas”. Falamos de persoas que coñecen ou ven pola rúa con algunha discapacidade, e centramonos nas persoas que teñen discapacidade visual.
Camiñamos pola aula cos ollos tapados, coa axuda dun “canciño” e un bastón. Qué complicado!
-
O Polo Norte
Estamos coñecendo o Polo Norte, os animais que ahí viven e un pobo, outra cultura: os inuits.
-
Virxe Milagrosa
Hoxe, 27 de novembro, celebramos o día da Virxe Milagrosa.
Ao longo da semana fixemos unha manualidade: unha Virxe Milagrosa, que por certo quedou preciosa.
Hoxe non poidemos xuntarnos todo o alumnado para a Celebración, foi distinto, na aula, pero o Equipo de Animación Pastoral preparou unha celebración sinxela e moi linda.
Vimos un video coa historia da Medalla Milagrosa. Uns alumnos de XMV fixeron unha escenificación virtual.
Cantamos a Virxe as cancións que estivemos ensaiando ao longo da semana.
Sor Pilar trouxonos unha medalliña de regalo, para a nosa casa.
E na merenda, unha sorpresa: unha chocolatina superxigante!
Aquí deixo un video cunhas fotos resume da xornada: