• CURSO 2019-20,  Un despiste de arte

    Primeiro desafío

    Buscadores de arte, este é o primeiro encargo: encontrar unha escultura para reemplazar a que se perdeo. Pero non vale calquera. Descubramos cómo ten que ser!.

    Usamos as linternas de luz ultravioleta para descubrilo.

    Hai unha mensaxe que entre todos desciframos: a escultura ten que ser de metal e representar a figura humana.

    Imos por bo camiño! A seguir traballando!.

  • CURSO 2019-20,  Un despiste de arte

    Misión: Buscamos obras de arte

    Dende o museo chegounos un sobre para cada nena e neno. Un sobre TOP SECRET!. Pero, que hai dentro?

    • Unha mensaxe da guía do museo: “No museo estamos preparando unha exposición de pintura, escultura e antigüedades. Esta mañá, cando estabamos preparando a exposición démonos conta de que faltan tres obras de arte. Necesitamos a vosa axuda para poder reemplazalas!”.
    • Unha acreditación que nos identifica como buscadores de arte e permitenos movernos libremente por todas as estancias do museo.
    • Un visor que posee un dos cristais máis especiais que nunca antes viron os nosos ollos. Permitiranos saber que pistas son correctas para ir sobre seguro. Cada vez que se use o visor desvanecese o incorrecto e solo se verá ben o correcto.

    Aceptamos a misión e buscaremos reemplazo para as pezas que se perderon!.

     

     

  • CURSO 2019-20,  Un despiste de arte

    Un despiste de arte

    Esta unidade traballa o arte. Para iso, os nenos embarcaranse nunha misión que convertiraos en buscadores de arte e vivirán unha aventura no museo.

    A misión consta de tres desafíos, cada un independiente, pero sumativo de cara á misión.

    Contidos:

    • O museo: profesións relacionadas co museo, exposicións, obras de arte (esculturas, pinturas e antigüedades).
    • Os medios de comunicación: que son? Para que sirven? Cales coñeces?
    • O nome: recoñecelo entre outros.
    • Letras: u, o. Realizar as grafías.
    • Número: 2. Enumerar conxuntos de dous elementos e realizar a súa grafía.
    • Cuantificadores: máis de un / Tantos coma.
    • Capacidad: caber en / non caber en.
    • Lonxitude: o máis alto/ o máis baixo.
    • Tempo: día / noite.
    • Formas: triángulo.
    • Series de dous elementos.
    • Orientación espacial: arriba/abaixo, tumbado/de pé, a un lado/ao outro.
    • Emocións: medo, sorpresa.
    • TIC: manexo do rato do ordenador elbuhoboo.com/juegos-educativos.php