• CURSO 2019-20,  O misterio das pegadas

    O colexio

    Os alumnos de 3 anos acaban de comezar o colexio e todo son novedades: o espazo, as profesoras, os compañeiros…

    O obxetivo  é axudar a que os alumnos se adapten o seu novo entorno, e se sintan parte del, e se identifiquen coa súa mascota Casimira que está na súa mesma situación.

    Contidos:

    • Espazos do Centro.
    • Normas da aula.
    • Nome dos compañeiros e compañeiras.
    • A mascota.

     

  • CURSO 2019-20,  O misterio das pegadas

    O primeiro desafío

    Misteriosamente, apareceron na clase unhas pegadas. De quén serán?. Son de persoa ou de animal?.  De qué parte do corpo son?. E, por qué están aquí?.

    Cazamisterios, o primeiro desafío!.

    Este é un misterio que un asistente de cazamisterios non pode deixar sen resolver. Seremos capaces de conseguilo?.

  • CURSO 2019-20,  O misterio das pegadas

    Carné de asistente de cazamisterios

    A axencia de cazamisterios envíounos un carné . Serviranos para identificarnos como asistentes de cazamisterios e para reflectir os nosos logros nos desafíos aos que nos vaiamos enfrontando. Por cada desafío resolto, pegaremos unha estrela e, con tres estrelas,  graduaremonos como asistentes de cazamisterios.

    Asi que o primeiro que fixemos foi cubrir o carné e poñer a pegada.

    Xa temos os carnés de asistentes de cazamisterios!.

  • CURSO 2019-20,  O misterio das pegadas

    O misterio das pegadas

    Esta unidade traballa o medio natural e social e, para iso, os nenos e nenas deberán embarcarse nunha misión que lles permitirá ser asistentes de cazamisterios e vivir unha aventura no colexio.

    É unha misión de resolución. Deben resolvela a través da dedución. Son tres desafíos e cada un e independiente dos demáis.

    Traballaremos o colexio, o corpo, os animais e as plantas.

    Os nen@s irán coñecendo e controlando cada vez máis o seu propio corpo: diferenciarán o seu sexo, mellorarán os seus desprazamentos e realizarán actividades de carácter lúdico con cancións, xogos con toda a clase ou en grupos pequenos, fomentando o compañeirismo, a amizade e a identificación co grupo.

    • Para aprender as partes do corpo podemos ir nomeándoas co neno durante o baño ou cando poña a roupa: con xampú lavamos a cabeza; pomos zapatos nos pés…
    • É importante fomentar a autonomía no aseo. Hai cousas que o neno xa pode facer só, coa supervisión do adulto, como lavar as mans antes de comer ou lavar a cara pola mañá. Fomentar a autonomía no vestido (vestir/desvestir, abotoar/desabotoar).
    • Fomentar hábitos de orde e condutas de axuda e colaboración na casa: aprender a recoller a súa roupa, colocándoa no seu lugar, recoller os xoguetes…
    • Favorecer a súa responsabilidade e respecto cara a outros seres vivos: dar aos animais domésticos os coidados que precisan (pórlle un nome, comida, baño, paseo) e axudar a coidar as plantas da casa.
    • Conversar sobre os animais domésticos: relacións có home, tipo de alimentación, crías, coidados que precisan,… e as características dos animais salvaxes.

    Outros contidos: