• CURSO 2019-20,  Entroido

    Unha de marcianos!

    Hoxe celebramos o entroido no colexio. Pero, ao longo da semana fixemos distintas actividades, unha delas o antifaz que lles quedou chulísimo.

    Foi unha maña moi festiva, onde non podía faltar a música do carnaval e unha merenda  moi doce con orellas, roscas, filloas e bizcoito que trouxeron os nen@s da casa. Riquísimo!

    Este ano a película Toy Story está de aniversario, 25 anos!, foi a primeira longametraxe de Pixar, ademáis da primeira cinta animada completamente con efectos dixitais na historia do cine.   Así que no Centro fixémoslle esta pequena homenaxe, disfrazámonos dos  personaxes da película: Sheriff Woody (5º e 6º de primaria), Buzz Lightyear (3º e 4º de primaria), Mrs. Potato (1º e 2º de primaria), Marcianos (alumnado de infantil), Rex (Marisé), Slinky (Carmen e María) e os nen@s (resto de profesorado).

    Solo poñer os guantes levounos 45 minutos, e que o disfraz chegue enteiro o desfile é todo un reto!, pero o esforzo mereceu a pena.

    Por fín chegou o momento do desfile!

    Estábamos nerviosos esperando para saír e ver as nosas familias.

    Grazas familias pola vosa colaboración!.

    Feliz entroido!