-
Axudantes de detectives de museo
Nenas e neos. Chegou o momento de abrir o sobre que vén na carpeta.
Pero, que hai dentro?
Temos unha mensaxe urxente que nos envia Deco (a xefa dos detectives especialistas en arte):
Queredes axudar a Deco a atopar as obras de arte?. Aceptamos a misión que nos encomendan e convertémonos en axudantes de detectives?. Pois xa que estamos todos dacordo, empezamos!
Imos mirar que outras cousas veñen no sobre:
Un carné que nos dá a xefa dos detectives especialistas en arte. Serviranos para identificarnos como axudantes de detectives e para reflectir os nosos logros nos desafíos aos que nos vaiamos enfrontando. Por cada desafío resolto, pegaremos unha estrela e, con tres estrelas, seremos axudantes de detectives!.
Unha lupa que posúe un dos critais máis especiais que nunca antes viran os vosos ollos, permitiranos saber que pistas son correctas e cales incorrectas, para que poidamos ir sobre seguro. Cada vez que se usa a lupa, esvaecese o incorrecto e só se verá ben o correcto.
Un axudante de detective de museo precisa un bo equipo de ferramentas que lle permita investigar en profundidade e unha identificación que lle posibilite moverse polo museo sen problemas. Neste lugar as medidas de seguridade son moi estritas.
Ademáis necesita saber o que é un museo, coñecer as distintas salas, as persoas que traballan alí, …
Empezamos, axudantes de detectives de museo!
-
Traballos no confinamento III
Grazas por compartir todas estas fotos. Para mín é un gustazo ver “os meus nenos e nenas” traballar dende a casa, e o seu sorriso xa é un premio especial.
-
O meu nome
Recordamos.-
- https://blogdemarise.com/2020/05/07/o-meu-nome/
- Compoñemos o nome, nesta ocasión sin guía.
- Esta é a última parte desta actividade. Temos moitas letras. Buscamos as que corresponden o noso nome e compoñemolo.
Importante:
- Só temos en maiúscula a primeira do noso nome.
- Non pasamos sin afianzar o paso anterior
-
Grazas!
Vídeo feito cos debuxos que fixeron os nenos e nenas estos meses de confinamento con relación ao coronavirus.
Grazas a tod@s!
-
Hoxe cociñamos… chocolatinas
Ingredientes.-Galletas rectángulares.Crema de cacaoChocolate para fundir.Facemos montañas de 3 galletas untadas de crema de cacao. Metémolas media hora na neveira. Logo partímolas á metade pola forma alongada e rebozamos de chocolate fundido. Outra medida hora á neveira e listas para comer.Moi fácil para facer cos nenos e nenas e moi rico!.Mateo como bo cociñeiro limpou ben ao acabar a culler e o bol de chocolate.😜 -
Coidamos as plantas
Coas pequenas cousas do noso día, obtemos grandes aprendizaxes.
Que aprendeu Irene?
- A primavera é a estación na que coidamos “especialmente” as plantas da nosa casa ou xardín: quitarlles as herbas, as follas secas, trasplantalas, cambiarlles a terra,…
- Repasou e observou as partes da planta.
- Axudar na casa, tamén pode ser divertido.
-
O crecemento da leituga
Na primavera é a estación na que traballamos o horto. Plantamos cenorias, pementos, tomates… e leitugas.
Claudia e Sofía achegáronnos estas fotos do crecemento das leitugas.
Empezamos facendo un semilleiro, e observamos como os poucos días empeza a nacer. Cando as leitugas teñen uns 10 cm. hai que trasplantalas no horto. Con auga e a luz do sol, as dúas semanas imos poder facer unha ensalada ecolóxica.
-
Flor
Facemos unha flor? Anímaste?
Necesitamos.-
Macarróns, espirais
Temperas
Cola
Deixar voar a creatividade
E a gozar!
-
Hoxe cociñamos… flan
Ingredientes.-
- 750 g. de leite enteira.
- 6 ovos
- 125 gr. de azucre.
Para o caramelo.-
- 100 gr. de azucre.
- 4 cucheradas sopeiras de auga
- Unhas gotas de zume de limón.
Para decorar.- (opcional) froitos secos
“Importante dose de prudencia para non queimarse e abundante ilusión para gozar da experiencia”.
Nunha cunca mesturamos todos os ingredientes do flan e reservamos.
Poñemos a quentar a fogo medio todos os ingredientes do caramelo e removemos sen parar ata que o azucre caramelice e adquira esa particular cor dourada.
Caramelizamos os moldes e repartimos neles a mestura do flan que tiñamos reservada. Metemos no forno, o baño maria, a 190º aproximadamente uns 50 minutos.
Unha vez frios, desmoldamos e decoramos cos froitos secos.
Bo proveito!
-
Xogamos aos birlos?
Mateo achéganos unha manualidade: facer uns birlos!
Necesitamos:
Uns tubos do papel hixiénico
Tempera negra e branca
Papel charón laranxa (ou folio que pintamos de laranxa)
Dous ollos móviles
Moita ilusión e ganas de pasalo ben
Anímaste?. Queda unha manualidade moi bonita e despois podemos xogar en familia!.