-
Hoxe cociñamos… chocolatinas
Ingredientes.-Galletas rectángulares.Crema de cacaoChocolate para fundir.Facemos montañas de 3 galletas untadas de crema de cacao. Metémolas media hora na neveira. Logo partímolas á metade pola forma alongada e rebozamos de chocolate fundido. Outra medida hora á neveira e listas para comer.Moi fácil para facer cos nenos e nenas e moi rico!.Mateo como bo cociñeiro limpou ben ao acabar a culler e o bol de chocolate.😜 -
Hoxe cociñamos… flan
Ingredientes.-
- 750 g. de leite enteira.
- 6 ovos
- 125 gr. de azucre.
Para o caramelo.-
- 100 gr. de azucre.
- 4 cucheradas sopeiras de auga
- Unhas gotas de zume de limón.
Para decorar.- (opcional) froitos secos
“Importante dose de prudencia para non queimarse e abundante ilusión para gozar da experiencia”.
Nunha cunca mesturamos todos os ingredientes do flan e reservamos.
Poñemos a quentar a fogo medio todos os ingredientes do caramelo e removemos sen parar ata que o azucre caramelice e adquira esa particular cor dourada.
Caramelizamos os moldes e repartimos neles a mestura do flan que tiñamos reservada. Metemos no forno, o baño maria, a 190º aproximadamente uns 50 minutos.
Unha vez frios, desmoldamos e decoramos cos froitos secos.
Bo proveito!
-
Hoxe cociñamos… pizza
Venres, fin de semana, celebración de Santa Luisa. Así que mellor que preparar unha pizza!
Prepara os ingredientes. Pon o delantal e lava ben as mans.
E, a cociñar!
-
Hoxe cociñamos… un biscoito para mamá
Imos preparar un biscoito de dúas cores para mamá.
Ingredientes que necesitamos:
1 Iogurt natural
Fariña (3 vasiños de iogurt)
Azucre (2 vasiños de iogurt)
Aceite de girasol (1 vasiño de iogurt)
3 ovos
Levadura Royal (2 culleradas de postre)
Cacao en po ou cacao soluble (3 culleradas)
Manteiga (para engraxar o molde)
No video que adxunto de aulas galegas, vannos explicando paso a paso como temos que facer.
Claudia e Sofía xa están preparadas con delantal e as mans limpas. Así que todos e todas a lavar as mans e a cociñar!.
-
Pablo fai pan
Pablo está pasando o confinamento na aldea con seus avós. Axuda nas tarefas diarías : o horto, coidado da casa e a cociña
Vemos nas imaxes como colabora facendo o pan. Amasou a avou a primeira hora. O avó roxou o forno e chega a hora de facer os bolos; os grandes fannos os avós e os pequenos Pablo. Pero esos bolos levan recheo, hai alguns especiais cunha sorpresa moi doce.
Que gusto poder comer este pan tan rico! Bó proveito!