Empezamos o proxecto do corpo humano, é o colexio convértese nun hospital. O primeiro piso, educación infantil, é a sala de pediatría.

Na aula, no recuncho do corpo, esperábanos Maruxa toda lesionada por unha caida. A sorpresa da maña foi unha visita moi especial: unha enfermeira que nos veo a ensinar primeiros auxilios.

E axudounos a curar os nosos bonecos:

Foi un día moi especial!

Contidos / Saberes:

  • O corpo: Principais parte do corpo, partes da cara, coñecer as diferencias físicas entre nenos e nenas,  os sentidos, coidado do corpo (saúde, alimentación, vestido, exercicio físico, hixiene).
  • A familia e os distintos modelos familiares. Os seus membros.
  • Numeración: 1
  • Cuantificadores: moitos / poucos.
  • Tempo: antes / despois.
  • Formas: círculo.
  • Orientación espacial: dentro de / fóra de.
  • Lóxica: diferencias / semellanzas.
  • Motricidade fina
  • Participación no Proxecto. 
  • Hábitos de orde e organización da aula. 
  • Traballo en equipo. 
  • hábitos de respecto, axuda e colaboración. 
  • Percepción sensorial: frio / calor. 
  • Emocións: tristeza. 
  • Linguaxe oral: Vocabulario relacionado co corpo humano e a familia, expresión de ideas, sentimentos, desexos, formulación de hipótese. 
  • Escoita 
  • Comprensión de historias, contos. 
  • Plástica: Producións propias e abertas.  
  • Partes do ordenador  
  • Uso do taboleiro dixital 
  • Expresión corporal: Dramatización.  
  • Música: Son / silencio. 

 

Deixar unha resposta