Esta unidade traballa a ciencia e a tecnoloxía, por iso, os alumnos deberán embarcarse nunha misión espacial e superar diferentes momentos e aventuras.

Esta é unha misión de rol, os nenos/as terán que poñerse no papel dos astronautas para superar as probas e preguntas do certame da Estación Espacial Internacional.

Contidos.-

  • Universo.- Constelacións, galaxias, a Vía Láctea, o sistema solar, o Sol, a Lúa, Marte, a Terra, asteroides, buracos negros, día / noite.
  • Ciencia e tecnoloxía.-Estación espacial, medios de coomunicación e información (ordenador), satélites espaciais, telescopio Hubble.
  • Medios de transporte.- Nave espacial, foguete, cápsula, tren. Lugares relacionados cos medios de transporte (peirao, estación de tren).
  • Profesións.- Astronauta, médico.
  • Coidado da contorna.- lixo espacial.
  • Numeración.- Número 10. Serie do 1 ao 10. Ordinais do 1º ao 10º.
  • Cuantificadores.- Enteiro / metade.
  • Operacións.- Descomposicións ata o 10. Sumas. Restas.
  • Tamaño.- Tan groso como / tan delgado como.
  • Capacidade / peso.- Tan pesado como / tan lixeiro como.
  • Tempo.- Meses do ano.
  • Formas.- Pirámide, cilindro, esfera, cono.
  • Lóxica.- semellanzas e diferenzas. Clasificacións. Resolución de problemas.
  • Series.- Tres elementos e tres atributos.
  • Orientación espacial.- Interior, exterior, bordo. Dereita / esquerda.
  • Medida.- Báscula.
  • Lectoescritura.- Q, G, X, W. Formación de sílabas, palabras e frases. Sílabas inversas.

 

Deixar unha resposta