No terceiro desafío traballamos xunto coa directora na rodaxe das escenas.
O guión da película xira entorno a un vilán que está no seu laboratorio preparando un malvado plan, mentres na casa dos superheroes reina a paz e tranquilidade. O vilán pasa a acción e ataca a cidade. Os superheroes reciben un aviso de alarma cifrado e poñense en camiño. Pero… cando chegan á cidade ven a desfeita que produciu o vilán. Utilizan os seus poderes para loitar, primeiro o poder de clonación pero o vilán deféndeuse coa súa máquina. Aínda así non se renden e utilizan o segundo poder “a enerxía do agarimo” coa que conseguen desenfadar o vilán.
Superado o terceiro desafío! e conseguido o logro final, a rodaxe da película!
Sodes uns estupendos/as asistentes de rodaxe!