O Entroido é unha das festas máis importantes do calendario galego. Celébrase en toda Europa dende épocas descoñecidas. Non se sabe con certeza a súa orixe, pero sí sabemos que é, a indicación da fin do inverno e o comezo da primavera.

En Galicia ten moita tradición e moitos nomes: Entroido, Antroido, Intruido, Entruido, Entrudo e Entroiro. Todos teñen a súa orixe no termo latino “Introitum” (que significa “a entrada á Coresma”).

As interpretacións do Entroido remóntanse ás festas romanas con intereses agrícolas e gandeiros. Outros falan dunha orixe grega na honra a Dionisios, deus do viño e a inspiración.

O Entroido é unha época de festa e moita diversión no que o máis importante é disfrazarse e pasalo ben.

No colexio celebramos o Entroido a semana do 21 ao 25 de febreiro, con contos, cancións, obradoiros, o Meco, e moito baile!

O noso Entroido en imaxes:

 

Deixar unha resposta