Aportacións para o recuncho do cine:
Mateo, Amaia e Ian fixeron unha cámara de cine.
Daniel, Sofia e Irene trouxeron unha claqueta.
Que é unha claqueta? un taboleliro onde se anotan varios datos importantes: nome da película e director, número de secuencia, plano e toma. A claqueta permite levar o control da película e saber que se está rodando en cada momento para logo realizar a montaxe final.
Sofia fixo unha cinta de película coa axuda da súa familia.
Si vamos ao cine, non poden faltar os flocos de millo, como os que trouxo Pablo.
Alex trouxo un Oscar, o premio máis desexado polos actores de Hollywood.
Daniel fixo unha manualidade con obxectos e premios relacionados co cine.
Grazas a todos/as por participar, e as familias pola vosa colaboración.
Así de chulo quedou o noso recuncho: