Hai un festival de cine para noviños directores. Lina ten unha excelente idea para unha película de superheroes. Conseguiu financiamento, pero necesita asistentes de rodaxe que a axuden.
Misión.- Axudar a directora de cine na rodaxe da película.
Imos descubrir todo que se necesita para realizar unha película: lugares e obxectos necesarios, casting, vestiario e rodaxe das escenas.
Para afrontar os diferentes desafíos que temos por diante dende Croqueta producións achegaronnos unha acreditación e unhas lentes que nos van permitir saber que pistas son correctas e cales incorrectas.
Xa estamos preparados para comezar a afrontar os diferentes desafíos que temos por diante!
Primeiro desafío.- Buscar os lugares e obxectos necesarios para a rodaxe.