O outono é unha época preciosa para saír coa familia de paseo ao campo ou a un parque, podemos descubrir novas sensacións cos sentidos por medio de xogos:
- Ollos: Vemos as formas e cores dos elementos da natureza (distintos tipos de follas, o seu tamaño e color)
- Nariz: Percibimos o cheiro da terra mollada, das follas secas, dos froitos do outono (castañas asadas).
- Mans: Tocamos os froitos secos (fixámonos na textura dura e lisa das castañas, dura e rugosa das noces). Notamos a diferencia entre a terra seca e terra mollada. Tocamos a cortiza das árbores e xogamos coas follas ( lanzándoas ao aire, facendo montañas…)
- Oído: escoitamos o son da chuvia, o son das follas cando as pisamos.
- Gusto.- Probamos os froitos secos (castañas, noces) e carnosos (mazá, uvas…) e apreciamos as diferenzas entre froitos secos e carnosos.
Na aula traballaremos os seguintes contidos:
- Paisaxe.
- Cores do outono.
- Costumes dalgúns animais.
- Froitos do outono
- Características do clima.
- Roupa de outono.
- Días curtos e noites longas.