Benvidos a este novo curso escolar que comezamos hoxe!

A volta ao cole é un bo momento para botar a vista atrás, a cursos anteriores. Recordaremos os espazos do colexio e da clase, os nomes dos compañeiros, as rutinas, etc. Aproveitaremos ademais para presentar os alumnos novos. Parécenos moi interesante que os nenos coñezan desde os primeiros días da clase a figura do personaxe que os vai acompañar ao logo do curso, co fin de integralo tanto no grupo coma nas rutinas diarias.

Contidos.-

  • Normas da aula e organización.
  • O nome propio.
  • Presentacións cos compañeiros e profesora da aula.
  • Emocións no inicio da clase.
  • Presentación do personaxe.

Deixar unha resposta