Celebramos o día do libro con varias actividades:

“Un libro un maravedí”. Cada nena e neno trouxo da súa casa ata tres libros, que valorei e a cambio lle entreguei maravedíes.

Cos libros fixemos un mercado, e cada un ía mercando os contos que lle  gustaban e pagando cos seus maravedíes.

Contacontos. Os compañeiros e compañeiras de 5º e 6º de primaria gravaron uns contos para o resto do alumnado. Como podedes ver estivemos moi atentos!.

Agora, a ler os contos en familia!

Deixar unha resposta