Chegou o momento de abrir o sobre que vén na carpeta. que significa TOP SECRET? É alto segredo! Imos desvelado.
Temos unha mensaxe, un visor e unha acreditación! Para que serán? Que teremos que facer? Imos ler a mensaxe que nos envían!.
Nenas, nenos. Queredes convertervos en buscadores de inventos? Aceptamos a misión e buscamos e seleccionamos inventos para a NASA? Atoparémolos todos? (A todo contestan que Si). Estupendo! que ganas , verdade? Empezamos!
Agora xa estamos preparados para comezar a afrontar os diferentes desafíos que temos por diante, pero antes imos facer un pequeno repaso de todos aqueles materiais que nos van acompañar e nos van ser de grande axuda nesta aventura:
Unha acreditación que nos enviou a NASA. Serviranos para identificarnos como buscadores de inventos e para reflectir os nosos logros nos desafíos aos que nos vaiamos enfrontando. Por cada invento que seleccionemos, pegaremos unha estrela e, con tres estrelas, conseguiremos o noso logro final!
Un visor que nos vai permitir saber que pistas son correctas e cales son incorrectas, para que poidamos ir sobre seguro.
Estamos listos! en marcha!!