Esta unidade traballa a ciencia e a tecnoloxía e, por iso, os nenos deberán embarcarse nunha misión que lles permitirá ser axudantes de buscadores de inventos e adentrarse nunha grande aventura relacionada co marabilloso mundo dos inventos.

É unha misión de asunción dun rol. Deben resolvela en primeira persoa a través dunha producción. Cada desafío é independente dos demais, pero sumativo de cara á misión.

Misión.- Atopar inventos e seleccionar tres.

Contidos.-

  • Medios de transportes (terra, mar e aire).
  • Medios de comunicación (televisión, ordenador, radio, linguaxe braille, carta e xornal).
  • A casa (dependencias e obxectos relacionados coas dependencias).
  • Inventos e inventores ( inventos relacionados cos medios de transporte, a comunicación e a casa).
  • Normas básicas de seguridade viaria.
  • Numeración: números do 0 ao 6, ordinais do 1º ao 6º, primeiro e último.
  • Cuantificadores: O máis ancho / o máis estreito.
  • Operacións: descomposición ata o 6, suma gráfica.
  • Tempo: días da semana.
  • Formas: óvalo, simetría, curva aberta / curva pechada.
  • Series: dous elementos e tres atributos.
  • Orientación espacial: preto de / lonxe de, arredor, centro, no medio.
  • Lóxica: resolución de problemas, correspondencias.
  • Corpo: esquema corporal, pezas de vestir e complementos.
  • Percepción sensorial: os sentidos, liso / rugoso.
  • Emocións: noxo, gratitude.
  • Hábitos saudables: uso correcto da televisión, normas de comportamento e seguridade nos medios de transporte.
  • Letras: L, M, S.
  • Expresión musical: cancións, audicións, duración (longo / curto), altura (agudo / grave).

 

Deixar unha resposta