O entroido é unha das festas máis importantes do calendario galego. Celébrase en toda Europa dende épocas descoñecidas. Non se sabe con certeza a súa orixe, pero sí sabemos que é, a indicación da fin do inverno e o comezo da primavera.
En Galicia ten moita tradición e moitos nomes: Entroido, Antroido, Intruido, Entruido, Entrudo e Entroiro. Todos teñen a súa orixe no termo latino “Introitum” (que significa “a entrada á Coresma”). Entroido significa, a volta ó mundo do revés, a subversión, a ruptura das convencións sociais e o cambio de roles.
As interpretacións do Entroido remóntanse ás festas romanas con intereses agrícolas e gandeiros. Outros falan dunha orixe grega na honra a Dionisios, deus do viño e a inspiración. O entroido represéntase cun boneco feito de palla, vestido con roupa de traballo e cara de trapo. Cólgase dun sitio alto que domine dalgunha forma a zona de reunión dos veciños. Esta celebración estivo prohibida na época franquista.
O Entroido é unha época de festa e moita diversión no que o máis importante é disfrazarse e pasalo ben.
Hoxe empezamos a celebralo coa poesía de don Entroido:
Eu son don Carnal
o rei do entroido
e esta semana
vouvos ordenar:
O luns pola mañá,
ao cole debes vir
cun calcetín de cada cor
verás como te vas sentir.
E coloreamos a don Entroido: