Xa temos a primeira estrela no carné de axudantes de detective!.
Este primeiro desafío foi complicadillo.
Tivemos que coñecer:
- As ferramentas necesarias para ser un bo axudante de detective e poder resolver esta misión.
- As distintas salas do museo, incluso aquelas nas que sólo poden entrar as persoas que traballan no museo.
- Os distintos profesionais que alí traballan.
- Investigar que é un papiro exipcio.
- O Antigo Exipto, a súa historia e algúns monumentos.
- Conceptos de orientación espacial, capacidade, lonxitude e cuantificadores.
Despois de moito rastrexar en busca de algunha pista, o noso traballo deu resultado. Encontramos tres pistas:
- Unha chave e no chavero tiña unha letra que nos levou ata os vestiarios do persoal.
- Abrimos a taquilla e dentro había un walkie-talkie.
- E varias pegadas na sala onde desapareceu o papiro.
O ordenador axudounos a descubrir o culpable: O garda de seguridade!.
Pero, por que o faría? A onde o levaría? Estas son as preguntas que resolverá o/a gran axudante de detective que tedes na casa!
Parabens axudantes!!