Curso 2020-21,  Museo,  Outras culturas

Primeiro desafío

Benvidos ao museo. Acabamos de entrar na primeira sala do museo, onde hai unha exposición exipcia e comprobamos que… desapareceu algo!

Que levarían? Quen sería? Seremos quen de resolver o misterio? Seguro que si, porque os axudantes de detectives do museo o resolven todo por moi difícil que pareza.

Coa nosa identificación podemos movernos polo museo sen problemas. Neste lugar as medidas de seguridade son moi estritas.

Ademáis como axudante de detective temos un bo equipo de ferramentas que permiten investigar en profundidade, e realizar un riguroso estudo de todos os detalles.

Xa sabemos o que desapareceu! Un papiro!

Primeiro desafío.- Atopar un papiro desaparecido e a persoa que o levou.

Pero, que son os exipcios?, que é un papiro? , quen poido levar o papiro?, que profesionais traballan no museo?

Deixar unha resposta