Nenas e neos.  Chegou o momento de abrir o sobre que vén na carpeta.

Pero, que hai dentro?

Temos unha mensaxe urxente que nos envia Deco (a xefa dos detectives especialistas en arte):

Queredes axudar a Deco a atopar as obras de arte?. Aceptamos a misión que nos encomendan e convertémonos en axudantes de detectives?.  Pois xa que estamos todos dacordo, empezamos!

Imos mirar que outras cousas veñen no sobre:

Un carné que nos dá a xefa dos detectives especialistas en arte. Serviranos para identificarnos como axudantes de detectives e para reflectir os nosos logros nos desafíos aos que nos vaiamos enfrontando. Por cada desafío resolto, pegaremos unha estrela e, con tres estrelas, seremos axudantes de detectives!.

Unha lupa que posúe un dos critais máis especiais que nunca antes viran os vosos ollos, permitiranos saber que pistas son correctas e cales incorrectas, para que poidamos ir sobre seguro. Cada vez que se usa a lupa, esvaecese o incorrecto e só se verá ben o correcto.

 

Un  axudante de detective de museo precisa un bo equipo de ferramentas que lle permita investigar en profundidade e unha identificación que lle posibilite moverse polo museo sen problemas. Neste lugar as medidas de seguridade son moi estritas.

Ademáis necesita saber o que é un museo, coñecer as distintas salas,  as persoas que traballan alí, …

Empezamos, axudantes de detectives de museo! 

 

Deixar unha resposta