Esta unidade traballa a arte e, por iso, os nenos deberán abordar unha misión que lles permitirá ser axudantes de detectives e internarse nunha intrigante aventura no museo.
Tipo de misión: Esta é unha misión de resolución. Deben resolvela a través da dedución. Cada desafío é independente dos demais.
Misión.- Atopar tres obras de arte que desapareceron do museo.
Contidos:
- O museo: Despendencias, sala de exposicións, taller de mantemento, taller de restauración, vestiario, almacén, profesións e ferramentas.
- Obras de arte: esculturas, pintura.
- Artes decorativas: mobiliario.
- Vida doutras civilizacións: os exipcios.
- Percepción sensorial: os sentidos, duro/brando, seco/mollado, aspero/suave, doce/salgado.
- Emocións: seguridade, ira.
- Numeración: números 0. 5. 6; ordinais do 1º ao 5º, primeiro e último.
- Cuantificadores: máis que, menos que, igual que; tantos como.
- Capacidade/peso: cheo/baleiro, caber en /non caber en.
- Lonxitude: máis algo que/ máis baixo que.
- Tempo: mañá/tarde/noite.
- Formas: rectángulo, liña recta / liña curva.
- Series dous elementos e dous atributos.
- Orientación espacial: diante de / detrás de, a un lado/ ao outro lado.
- Lóxica: semellanzas / diferencias, clasificación en dous grupos, correspondencias, resolución de problemas.
- Tecnoloxía: o ordenador.
- Letras: e, o. p.
- Expresión musical: cancións, audicións, intensidade (forte / suave), son / música.