O noso Samaín provén dos nosos antepasados celtas.
Eran uns pobos moi afoutos e guerreiros que, coa chegada desta noite máxica, celebraban unha gran festa para conmemorar o final da colleita e do verán, e dar a benvida ao Novo Ano Celta.
E, precisamente esta noite, os celtas pensaban que as portas do Alén se abrían, e que as almas dos mortos volvían para visitaren as súas familias.
Tiñan a costume de facer farois con nabos e carbón quente para guiar os espíritos bos de volta á casa e espantar os malos, xa que estes farois lles outorgaban un certo poder de protección. Tamén lles deixaban víveres e doces fóra da casa para que comensen algo despois da longa viaxe.
Esta noite non era recomendable abrir a porta a ninguén, xa que os trasnos e fadas vagaban polos bosques e as aldeas.
Hoxe celebramolo no colexio coas seguintes actividades:
Conto e canción “corre corre cabaciña” de Eva Mejuto e André Letria,
Canción O samaín de Mamá Cabra.
Un fotocopiable de cabazas, que lles quedou chulísimo.
Super merenda terrorífica!. Grazas familias pola vosa colaboración.
E, levaron a casa as máscaras de cabaza.
Feliz fin de semana!