Os experimentos e  xogos gústanlles moito e gozan e aprenden con eles.  Un dos talleres cooperativos desta unidade é “carreira de cores”, un xogo con auga onde observan como a auga se move e se forman mezclas de cores.

Necesitamos.-

  • Auga
  • 5 vasos transparentes.
  • colorante alimenticio.
  • Papel de cociña.
  • Unha culler.

En tres vasos puxen auga. Eles botaron o colorante e remexeron ata obter a tintura desexada.

Colocamos os 5 vasos, facendo unha serie: cheo, vacio, cheo, vacio, cheo.

Colocaron o papel de cociña.

E… a  auga movese así que a carreira está a punto de empezar.

Que cor gañou a carreira?

Deixar unha resposta