“Encontrar a información que lle falta a máquina para que funcione”

Esta é unha misión de planificación. Axudan a outra persoa (científica) tendo que planificar tarefas para chegar a un fín.

Hai tres desafíos que están relacionados entre sí para poder completar a misión:

  1. Informar sobre as formas nas que aparece a agua na natureza.
  2. Informar sobre o coidado e contaminación da auga.
  3. Informar sobre os usos e aforro da auga.

Logro final.- completar a máquina.

Os nenos/as abriron o sobre que viña na carpeta. Que viña dentro? unha mensaxe da científica pidindo axuda e as algunhas ferramentas de traballo:

  • Un mapa da auga:  vainos servir de guía ao longo dos desafíos aos que nos temos que enfrentar e para reflectir o avance nos desafíos. Por cada información encontrada pegaremos unha estrela.
  • Unhas gafas con cristais especiais. Vannos axudar a ver qué pistas son correctas.

Preparados, listos… empezamos!

Feliz misión!

Deixar unha resposta