Despois de seis meses, o 10 de setembro volvemos ao colexio. Estar outra vez todos xuntos na aula foi un momento precioso e emocionante.
Unha vez máis, os nenos e nenas non deixan de sorprenderme. Son capaces de afrontar os cambios adaptándose as dificultades que van xurdindo
Ao longo destos 7 días lectivos traballamos rutinas: entrada, saída, hixiene, uso da mascara, cambio de espazos (para ir ao baño ou recreo).
A adaptación do grupo marcha fenomenal e xa se lles ve con máis seguridade, pouco a pouco van interiorizando as rutinas.
Todos xuntos conseguiremos un seguro e feliz curso!.