Ingredientes.-

  • 750 g. de leite enteira.
  • 6 ovos
  • 125 gr. de azucre.

Para o caramelo.-

  • 100 gr. de azucre.
  • 4 cucheradas sopeiras de auga
  • Unhas gotas de zume de limón.

Para decorar.- (opcional) froitos secos

“Importante dose de prudencia para non queimarse e abundante ilusión para gozar da experiencia”.

Nunha cunca mesturamos todos os ingredientes do flan e reservamos.

Poñemos a quentar a fogo medio todos os ingredientes do caramelo e removemos sen parar ata que o azucre caramelice  e adquira esa particular cor dourada.

Caramelizamos os moldes e repartimos neles a mestura do flan que tiñamos reservada. Metemos no forno, o baño maria, a 190º aproximadamente uns 50 minutos.

Unha vez frios, desmoldamos e decoramos cos froitos secos.

Bo proveito!

Deixar unha resposta