Maio é o mes das flores, o mes das nais, un mes adicado a Virxe María. E tamén é cando celebramos a festa da nosa fundadora, Santa Luisa de Marillac.
Santa Luisa de Marillac foi unha muller decidida e valente, intelixente e constante, cofundadora xunto con San Vicente de Paúl da congregación das Fillas da Caridade.
Foi unha superheroina na súa época: visitaba a pobres, acollía a nenos e nenas, axudou en comedores, a refuxiados da guerra, funda asilos para pobres, enfermos.. e numerosas obras de caridade. Destacou pola súa entrega incondicional cara aos demáis.
Cada 9 de maio, os colexios Vicencianos celebramos a festa de Santa Luisa.
Adxunto un Draw my life feito por alumnado e docentes do colexio San Vicente de Paúl de Cartagena.
Colorea a Santa Luisa: