Hoxe imos facer un xogo co que imos traballar:
- Numeración: Grafía e asociación número-cantidade
- Motricidade fina: recortar e a pinza (moi importante para aprender a coller ben o lápiz)
- Coordinación óculo-manual
Necesitamos.-
Unha caixa de ovos.
unhas pinzas
Tapóns.
- Facemos a grafía dos números 1, 2 e 3.
- Recortamos e colocamolos na caixa de ovos.
- Colocamos os materiais que imos agrupar: botóns, pompóns, corchos, tapóns, legumes…
Empezamos a xogar.
1º.- Facemos o xogo collendo o material coa man, só utilizamos o dedo índice e pulgar. E imos collendo de un en un.
2º.- Volvemos facer o xogo, nesta ocasión coa pinza. Pero, como se colle a pinza? o mesmo que antes, co dedo índice e pulgar.