Materiais:
Uns pinchos
Unha esponxa ou plastilina para suxeitar os pinchos verticalmente.
Macarróns
Temperas
Un cordón
Colocamos os pinchos verticalmente, insertamos os macarróns e empezamos a pintar (cada pincho dunha cor).
Deixamos secar, e xa podemos facer o noso colar insertando os macarróns no cordón.
Seguro que nos vai quedar tan bonito como o que fixo o noso compañeiro Mateo.