Ao longo deste curso, aprendemos que podemos pintar utilizando distintos materiais, tanto específicos, como as pinturas, como de reciclaxe.

O importante é observar, manipular e gozar deixando voar a imaxinación.

Neste caso pintaron cunha pluma. “Cunha pluma?” preguntaron.

Tan pronto empezaron, traballaron en silencio, cada un pendiente da súa obra; e según ían cambiando de color aumentaba o seu entusiasmo. Utilizaron pinturas fluorescentes,  cunha luz ultravioleta  vese realmente preciosa.

Ao final, todos e todas quixeron foto para ensinar a súa obra de arte as familias.

Parabéns campeóns!

Deixar unha resposta