Antes de explicar a primavera temos que recordar as principais características do outono e do inverno. E facémolo formulando preguntas:
- Que lle pasa as árbores no outono?
- E os paxaros, como a anduriña ou a cigoña, que facian?
- E o oso, que fai?
- E os erizos?
- Recordas que tempo fai no outono? que roupa poñemos?
- Que froitas coñeces do outono?
- Que tempo fai no inverno?
- que roupa poñemos?
- Que froitas coñeces do inverno?
- Cantas follas teñen as árbores?.
Agora é o momento das ideas previas. Preguntamos: que sabemos da primavera?.
Imos traballar a primavera partindo do mural que adxunto, fixeno con nen@s de 4º de infantil, fai tres anos.
Observar o mural. Que ves no mural? (unha árbore con follas, nubes, sol, caracois, formigas, flores, abellas, un nido… deixamos que vaian observando e expresándose).
- Na primavera saen as follas as árbores,
- Saen flores no campo e nas árbores
- O tempo vai cambiando: fai menos frio
- Roupa: como fai menos frio xa poñemos roupa máis lixeira.
Agora podemos debuxar unha flor. Mira o seguinte video: