A psicomotricidade fina refírese a aqueles movementos do corpo que requiren máis destreza, precisión e habilidade que ningún outro tipo de movemento, xa que require maior dominio e control, especialmente de mans e brazos.

O desenvolvemento da pinza dixital de movementos finos é o que facilitará, máis adiante, a grafomotricidade. Os nenos polo xeral van adquirindo habilidades co crecemento, pero diferentes exercicios axudan a que as habilidades sexan precisas.

Para que as nenas e nenos poidan aprender a coller o lápiz, teñen que haber desenvolvido antes a súa capacidade de manexar ben as mans e os dedos, así como a sincronización dos seus movementos.

Actividades de motricidad fina que poden facer estos días na casa: recortar (imaxes de revistas ou folletos de publicidade), rasgar (períodicos), engurrar papel ( cos papeis que rasgaron poden facer pelotas e xogar con elas), plastilina, puntear (con ceras ou rotulades), picar (co punzón), pegar, …

Neste video hai actividades moi sinxelas con cousas que xeralmente hai nas casas e que seguro os nen@s vanlles gustar:

Deixar unha resposta