Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que cremos que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19 debemos ofrecerlle unha axuda educativa á sociedade.

Aulas galegas nace para axudar o alumnado, as familias e o resto de profesorado a atopar recursos e materiais educativos en galego.

O pitiño Cocorico quere axudar a súa nai a facer un biscoito, pero éche un pouco lambón de máis e… chegan os problemas.”

No seguinte enlace:  http://aulasgalegas.org/picoti-picota/  propoñennos unha serie de actividades para traballar este conto ( veñen moi ben explicadas, e con elas traballamos secuencias, conceptos espaciais, coloreamos, recortamos…)

Agora a cantar e bailar:

Para rematar, facemos o biscoito de Cocorico para mañá, o día do pai.

Grazas aos compañeiras e compañeiros de aulas galegas pola súa iniciativa, o seu esforzo e por dinamizar a nosa lingua.

Deixar unha resposta