Podemos facer algo bonito para regalar a papá porque o xoves é o día dos papás. Que vos parece a idea? Pois adiante!
Nunha folla debuxamos a papá.
Cunha cartolina ou un cartón facemos un marco que imos decorar con algún material que teñamos a man (botóns, plástilina, boliñas de papel de seda, corazóns…)
Si na casa tedes cola, un adulto que lle pase unha pincelada.
E para rematar colocamos o debuxo dentro do marco.
Xa temos o regalo!