Hoxe, 9 de marzo, celebramos no colexio o día internacional da muller.
Este ano centrámonos nas tarefas cotiás da muller como traballadora e loitadora.
Propuxen as familias unha actividade onde cada nen@ tiña que investigar sobre unha muller traballadora, alguén da súa contorna (avoa, nai, amiga,…); un exércicio empático para que cada nen@ comprenda as pequenas pero imprescindibles tarefas que as nais, avoas,… realizan de forma diaria para que os demais obteñan beneficios e coidados. Con ese fin, hoxe cada nen@ trouxo unha foto da muller elixida.
Na asemblea cada alumno ensinou a súa foto, presentou a súa muller e explicou porque a escolleo a ela.
A continuación fixemos entre todos un mural coas fotos.
Para rematar fixemos un debuxo para unha actividade colectiva de todo o alumnado do Centro: decoramos o salón da entrada cos debuxos das nosas mulleres protagonistas.