Hoxe celebramos o entroido no colexio. Pero, ao longo da semana fixemos distintas actividades, unha delas o antifaz que lles quedou chulísimo.
Foi unha maña moi festiva, onde non podía faltar a música do carnaval e unha merenda moi doce con orellas, roscas, filloas e bizcoito que trouxeron os nen@s da casa. Riquísimo!
Este ano a película Toy Story está de aniversario, 25 anos!, foi a primeira longametraxe de Pixar, ademáis da primeira cinta animada completamente con efectos dixitais na historia do cine. Así que no Centro fixémoslle esta pequena homenaxe, disfrazámonos dos personaxes da película: Sheriff Woody (5º e 6º de primaria), Buzz Lightyear (3º e 4º de primaria), Mrs. Potato (1º e 2º de primaria), Marcianos (alumnado de infantil), Rex (Marisé), Slinky (Carmen e María) e os nen@s (resto de profesorado).
Solo poñer os guantes levounos 45 minutos, e que o disfraz chegue enteiro o desfile é todo un reto!, pero o esforzo mereceu a pena.
Por fín chegou o momento do desfile!
Estábamos nerviosos esperando para saír e ver as nosas familias.
Grazas familias pola vosa colaboración!.
Feliz entroido!