Dende o museo chegounos un sobre para cada nena e neno. Un sobre TOP SECRET!. Pero, que hai dentro?
- Unha mensaxe da guía do museo: “No museo estamos preparando unha exposición de pintura, escultura e antigüedades. Esta mañá, cando estabamos preparando a exposición démonos conta de que faltan tres obras de arte. Necesitamos a vosa axuda para poder reemplazalas!”.
- Unha acreditación que nos identifica como buscadores de arte e permitenos movernos libremente por todas as estancias do museo.
- Un visor que posee un dos cristais máis especiais que nunca antes viron os nosos ollos. Permitiranos saber que pistas son correctas para ir sobre seguro. Cada vez que se use o visor desvanecese o incorrecto e solo se verá ben o correcto.
Aceptamos a misión e buscaremos reemplazo para as pezas que se perderon!.