Esta semana estivemos traballando moito, intentando que a nosa clase quedara preciosa.

No Nacemento, xogando coas figuras aprenderon a historia de Nadal

Na árbore de Nadal colguei os anxos e bolas coas cariñas dos nen@s. E no fondo os agasallos que trouxeron das súas casas para compartir.

O final fixemos unhas fotiños para as nosas familias.

Recordade que o Nadal é unha época moi propicia para pasar tempo en familia e levar a cabo actividades conxuntas: decorar a casa para as festas, inventar adornos, cantar panxoliñas, saír a pasear para ver a decoración das rúas, escribir felicitacións,…  e procurade fomentar o consumo responsable e o gusto polos agasallos e xoguetes caseiros.