CURSO 2019-20,  O misterio das pegadas

Segundo desafío

Acabamos cun desafío e empezamos con outro.

A aula está desordenada, con cousas tiradas polo chan, a xanela aberta…

Atención cazamisterios imos observar sen tocar nada para non estragar as posibles pistas.

Temos novas pegadas:  Analizamos si son parecidas as do primeiro desafío, que forma teñen,…  e xa sabemos que son as pegadas dun paxaro.

Pero… que paxaro é?