Chega o outono. Tempo de castañas, noces, vento, follas secas e días escuros.

É o tempo de recoller o maínzo e as cabazas. É tamén o tempo en que a rapazada fai as caveiras na cortiza das cabazas, seguindo unha antiga tradición dos tempos dos celtas.

Os celtas foron uns antigos habitantes de Galicia. Un dos seus costumes era poñer unha luz acesa dentro das caveiras dos inimigos mortos. Xa hai moitos séculos que tal costume se perdeu, máis hoxe en día aínda fica a tradición de tallar unha caveira na cortiza das cabazas e poñer no seu interior unha candea que escintile pola noite.

Tal cousa facíana ao chegar os tempos escuros do ano, que ao andar o tempo, foise transformando na festa dos defuntos.

 

No colexio celebramos o Samain. Cada neno e nena trouxo da casa unha cabaza que decoraron coa axuda da familia.

Tamén trouxeron doces feitos con cabaza ou castañas, castañas asadas,… que compartimos na merenda.

Grazas familias pola vosa colaboración.