Esta unidade traballa o medio natural e social e, para iso, os nenos e nenas deberán embarcarse nunha misión que lles permitirá ser asistentes de cazamisterios e vivir unha aventura no colexio.
É unha misión de resolución. Deben resolvela a través da dedución. Son tres desafíos e cada un e independiente dos demáis.
Traballaremos o colexio, o corpo, os animais e as plantas.
Os nen@s irán coñecendo e controlando cada vez máis o seu propio corpo: diferenciarán o seu sexo, mellorarán os seus desprazamentos e realizarán actividades de carácter lúdico con cancións, xogos con toda a clase ou en grupos pequenos, fomentando o compañeirismo, a amizade e a identificación co grupo.
- Para aprender as partes do corpo podemos ir nomeándoas co neno durante o baño ou cando poña a roupa: con xampú lavamos a cabeza; pomos zapatos nos pés…
- É importante fomentar a autonomía no aseo. Hai cousas que o neno xa pode facer só, coa supervisión do adulto, como lavar as mans antes de comer ou lavar a cara pola mañá. Fomentar a autonomía no vestido (vestir/desvestir, abotoar/desabotoar).
- Fomentar hábitos de orde e condutas de axuda e colaboración na casa: aprender a recoller a súa roupa, colocándoa no seu lugar, recoller os xoguetes…
- Favorecer a súa responsabilidade e respecto cara a outros seres vivos: dar aos animais domésticos os coidados que precisan (pórlle un nome, comida, baño, paseo) e axudar a coidar as plantas da casa.
- Conversar sobre os animais domésticos: relacións có home, tipo de alimentación, crías, coidados que precisan,… e as características dos animais salvaxes.
Outros contidos:
- Cuantificadores: moitos / poucos.
- Tamaño: o máis grande / o máis pequeno.
- Tempo: antes de / despois de.
- Formas: cadrado / liña recta e curva.
- Orientación espacial: dentro de / fóra de.
- Emocións: ledicia / tristeza.
- Nome: recoñecelo entre outros.
- Número 1: enumerar conxuntos dun elemento e iniciarse, con axuda, na súa realización gráfica.
- Letra “i”: iniciarse, con axuda, na súa realización gráfica.
- Saúdos: ola, adeus, bo día, deica mañá.
- Ordenador: manexo do rato.