O outono é unha época especialmente indicada para descubrir e gozar co medio. Os nen@s coñeceran os costumes dalgúns animais, froitos típicos desta estación, características do clima…
Se imos de paseo ao campo ou ao parque, fixarémonos en como cambiou a paisaxe. Podemos descubrir novas sensacións cos sentidos por medio de xogos:
- Ollos.- Vemos as formas e cores dos elementos da natureza (distintos tipos de follas, o seu tamaño ou a súa cor).
- Nariz.- Percibimos o cheiro da terra mollada, das follas secas, dos froitos de outono (castañas asadas).
- Mans.- tocamos os froitos secos (fixámonos na textura dura e lisa das castañas, dura e rugosa da noz). Notamos a diferenza entre a terra seca e a terra mollada. Tocamos a corteza das árbores. Xogamos coas follas ( facendo montóns, …).
- Oído.- Escoitamos o son da choiva, o son das follas cando as pisamos.
- Gusto.- probamos os froitos secos (castañas, noces), carnosos (maza, uvas…) e apreciamos a diferenza entre froitos secos e carnosos.
Conversar sobre as principais características do outono: paisaxe, árbores, días longos e curtos, temperatura, animais, roupa que usamos.
Se facemos o cambio de roupa do armario, pediremos aos nosos fill@s que nos axuden; fixerémonos na roupa que pomos cando fai frío e cando fai calor..
Do 1 ao 8 de outubro, traer a aula algo relacionado co outono (follas, landras, castañas, noces, mazurcas de millo,…) para facer o “Recuncho do outono”.