• CURSO 2019-20,  Outono

    Outono

    O outono é unha época especialmente indicada para descubrir e gozar co medio. Os nen@s  coñeceran os costumes dalgúns animais, froitos típicos desta estación, características do clima…

    Se imos de paseo ao campo ou ao parque, fixarémonos en como cambiou a paisaxe.  Podemos descubrir novas sensacións cos sentidos por medio de xogos:

    • Ollos.- Vemos as formas e cores dos elementos da natureza (distintos tipos de follas, o seu tamaño ou a súa cor).
    • Nariz.- Percibimos o cheiro da terra mollada, das follas secas, dos froitos de outono (castañas asadas).
    • Mans.- tocamos os froitos secos (fixámonos na textura dura e lisa das castañas, dura e rugosa da noz). Notamos a diferenza entre a terra seca e a terra mollada. Tocamos a corteza das árbores. Xogamos coas follas ( facendo montóns, …).
    • Oído.- Escoitamos o son da choiva, o son das follas cando as pisamos.
    • Gusto.- probamos os froitos secos (castañas, noces), carnosos (maza, uvas…) e apreciamos a diferenza entre froitos secos e carnosos.

    Conversar sobre as principais características do outono: paisaxe, árbores, días longos e curtos, temperatura, animais, roupa que usamos.

    Se facemos o cambio de roupa do armario, pediremos aos nosos fill@s que nos axuden; fixerémonos na roupa que pomos cando fai frío e cando fai calor..

    Do 1 ao 8 de outubro, traer a aula algo relacionado co outono (follas, landras, castañas, noces, mazurcas de millo,…) para facer o “Recuncho do outono”.

  • Uncategorized

    Benvid@s ao blog de Marisé

    Benvido ao Blog de 4º de Educación Infantil do Colexio Plurilíngüe La Milagrosa.

    Aquí podes achegarte e ver o noso día a día no cole, onde xuntos compartimos a marabillosa aventura de aprender.

    Pouco a pouco, publicarei anotacións con información de interese para as familias, e por iso, convertirase nunha ferramenta de intermediación e comunicación máis entre profesora e familia.